Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Nélida
feminino
Nome literario
Pronuncia
Nélida:
Hipocorísticos
Femininos Neli
Etimoloxía e historia
Orixinariamente, Nēleídēs ou Nēleïádēs era un patronímico grego que quería dicir 'fillo ou descendente de Neleo', e aplicábase a Néstor, personaxe da Ilíada e da Odisea de Homero. Este nome é probablemente un anagrama a partir do seu pseudónimo literario, Daniel.
Motivación
O nome difundiuse como feminino a partir da novela Nélida, da escritora francesa Daniel Stern, pseudónimo de Marie Catherine Sophie de Flavigny, condesa d'Agoult, amiga de artistas e escritores, que morreu en 1876. O asunto da novela, semiautobiográfica, é a relación amorosa entre ela e o compositor Franz Liszt.
Chamáronse así
Nélida Cuíñas Piñon, ‘Nélida Piñon’ (Río de Xaneiro 1937-Lisboa 2022), escritora brasileira neta e filla de emigrantes galegos de Cotobade. Foi a primeira muller en presidir a Academia Brasileira das Letras (1995-1996). Recibiu numerosas distincións e premios internacionais, dos que salientamos os outorgados por entidades galegas, debido a que Galicia sempre estivo presente na súa obra: Medalla Castelao da Xunta de Galicia (1992); doutora honoris causa pola USC (1998); Premio Rosalía de Castro (Pen Club de Galicia, 2002); membro de honra da RAG (2014).
O seu nome é un anagrama do do seu avó galego Daniel.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Francés | Nélide |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]