Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Néstor
masculino
Nome mitolóxico
Pronuncia
Néstor:
Etimoloxía e historia
Do nome persoal grego Néstōr, probablemente forma abreviada de Eunéstōr 'que regresa felizmente', composto de eu 'ben' e nóstos 'regreso, retorno'.
Motivación
Néstor, na mitoloxía grega, era o máis novo dos fillos de Neleo e Cloris, o único que sobreviviu á matanza que de seu pai e irmáns fixera Heracles. Para compensalo, Apolo concedeulle a graza de vivir ao longo de tres xeracións; deste xeito, participou na loita entre os centauros e os lapitas, na expedición dos argonautas e na guerra de Troia. Na Ilíada e na Odisea, Néstor —rei de Pilos— é o prototipo do ancián prudente.
Houbo varios santos con este nome: san Néstor de Panfilia (século III), bispo mártir desta rexión de Asia Menor; san Néstor do Quersoneso (actual Crimea); san Néstor o Gladiador (século III), que foi decapitado polo emperador romano por vencer o seu gladiador favorito; san Néstor de Kíiv (século XI), monxe e cronista dun mosteiro da capital de Ucraína que colaborou nunha historia de Rusia (a Crónica de Néstor).
Chamáronse así
Néstor Carlos Kirchner Jr. (1950-2010) foi un avogado e político arxentino que exerceu como presidente da Arxentina entre 2003 e 2007.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Nestor | |
Catalán | Néstor | |
Español | Néstor | |
Éuscaro | Nestor | |
Francés | Nestor | |
Inglés | Nestor | |
Italiano | Nestore | |
Portugués | Néstor | |
Romanés | Nestor |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]