Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Neves
feminino
Nome cristián
Pronuncia
Neves:
Etimoloxía e historia
Da advocación mariana Nosa Señora das Neves. É o plural do nome común neve, do latín nix, nivis, posiblemente a través dunha forma popular *neve, debida ao influxo do latín nebula 'néboa', outra característica do inverno que debeu percibirse como un diminutivo de neve 'neve'.
Motivación
Santa María a Maior ou Santa María das Neves é a máis antiga das festas marianas da liturxia romana. A súa basílica ergueuse no século IV nun dos sete outeiros de Roma, o monte Esquilino. No século IX empezou a chamárselle Nosa Señora das Neves debido a unha lenda dos tempos do papa Liberio (século IV), segundo a cal un matrimonio patricio sen fillos tivera unha visión en que lle mandaban erguer unha igrexa en Roma nun lugar que a Virxe cubriría de neve en pleno agosto, época de máxima calor en Roma. Ao parecer así aconteceu o día 5 dese mes.
Chamáronse así
Nieves Fariza Alonso (Cambados 1911 - Vigo 1975), mestra e activista social que protestou contra as inhumanas condición sociais dos traballadores da construción dos camiños de ferro, os chamados “carrilanos”, afectados pola silicose, e defendeu os dereitos das viúvas dos falecidos por esta doenza.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Neus | |
Español | Nieves | |
Éuscaro | Edurra | |
Edurtzeta | ||
Edurtza | ||
Edur | Edurne | |
Francés | Marie-Neige | |
Italiano | Nives | |
Portugués | Neves |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Neves
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]