Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Nicodemo
masculino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Do nome persoal grego Nikódēmos, latinizado en Nicodemus. Significa 'vencedor entre o pobo', do verbo nikân 'vencer' e dêmos 'pobo'.
Motivación
San Nicodemo era un fariseo e escriba xudeu que defendeu a Xesús no Sanedrín e que axudaría a Xosé de Arimatea a desencravalo da cruz para enterralo. Hai un Evanxeo de Nicodemo, considerado apócrifo.
Chamáronse así
Nicodemus Tessin o Vello e Nicodemus Tessin o Novo, pai e fillo, arquitectos suecos do século XVII.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Nikodem | |
Nikodemus | ||
Catalán | Nicodem | |
Español | Nicodemo | |
Éuscaro | Nikodemo | |
Francés | Nicodéme | |
Italiano | Nicodemo | |
Portugués | Nicodemos | |
Romanés | Nicodim | |
Ruso | Nikodim |
Antes e despois de Nicodemo
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]