Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Nicasio
masculino
Nome cristián
Pronuncia
Nicasio:
Etimoloxía e historia
Do nome grego Nikásios 'vencedor, vitorioso', derivado de níkē 'vitoria'.
Motivación
San Nicasio de Ruán (século III) e san Nicasio de Reims (século V) contan con lendas calcadas á de san Denís de París, dado que, despois da súa decapitación, un colleu a cabeza na man e seguiu andando e o outro seguiu falando. Foron, polo tanto, santos cefalóforos.
Chamáronse así
Nicasio Taxonera, pai e fillo do mesmo nome, foron impresores de Lugo no século XIX.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Nikasius | |
Catalán | Nicasi | |
Español | Nicasio | |
Éuscaro | Nikasio | |
Francés | Nigaise | |
Nicaise | ||
Italiano | Nicasio | |
Portugués | Nicásio |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Nicasio
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]