Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Nicanor
masculino
Nome cristián
Pronuncia
Nicanor:
Véxase Nicandro
Etimoloxía e historia
Do nome grego Nikánōr 'home victorioso', 'varón vencedor', de nikân 'vencer' e anḗr, andrós 'home'.
Motivación
San Nicanor (século I) foi un dos diáconos escollidos polos apóstolos como axudantes; parece ser que foi mártir en Chipre.
Chamáronse así
Nicanor Rielo Carballo (1932-2000), sacerdote e etnógrafo galego. Nicanor Parra (1914-2018), poeta chileno.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Nicanor | |
Catalán | Nicanor | |
Español | Nicanor | |
Éuscaro | Nikanor | |
Francés | Nicanor | |
Italiano | Nicanore | |
Portugués | Nicanor |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Nicanor
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]