Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Nereida
feminino
Nome mitolóxico
Etimoloxía e historia
Do grego Nēreídes 'fillas de Nereo', divindades mitolóxicas do mar. Nome tomado directamente da mitoloxía grega que na actualidade pode evocarnos a beleza ou os misterios do mar, as súas ondas etc.
Motivación
As nereidas eran divindades ou ninfas mariñas amigas dos navegantes, fillas de Nereo e de Dóride e netas de Océano; talvez personifiquen as ondas innúmeras do mar (xeralmente son cincuenta, pero ás veces o seu número pasa do cento). Coidábase que habitaban no fondo do mar, no pazo do seu pai; todas eran belísimas e pasaban o tempo a fiar, a tecer e a cantar.
Nereida é a terceira lúa máis grande de Neptuno.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Español | Nereida | |
Italiano | Nereide | |
Portugués | Nereide |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]