Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Nemesio
masculino
Nome mitolóxico
Pronuncia
Nemesio:
Hipocorísticos
Másculinos Neme, Meso
Etimoloxía e historia
Do grego Nemésios (latinizado en Nemesius), nome persoal derivado de Némesis, deusa da xustiza punitiva ou distributiva e da vinganza divina contra toda desmesura (o verbo grego nemo significa 'distribuír'). Os antigos temían a deusa Némesis, maiormente os ricos, porque pensaban que, cando lles sorría moito a fortuna, a envexa vingativa dos deuses acabaríalles mandando despois unha gran desgraza. É un concepto semellante á idea romana da Fortuna como unha roda na que todos estamos. Pode ser un nome ideolóxico, símbolo da xustiza social.
Motivación
Houbo un san Nemesio de Alexandría (século III) que sufriu martirio nesta cidade exipcia durante a persecución de Decio.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Nemesi | |
Español | Nemesio | |
Éuscaro | Nemesio | |
Francés | Némèse | |
Italiano | Nemesio | |
Portugués | Nemésio |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]