Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Nazario
masculino
Nome cristián
Pronuncia
Nazario:
Etimoloxía e historia
Do nome persoal grego Nazōraîos e latino Nazáreus, de orixe étnica, utilizado en ambientes cristiáns co significado de 'nazareno, oriúndo de Nazaré', en latín Názareth, a vila palestina onde transcorre a infancia e mocidade de Xesús. Nos primeiros tempos 'nazareno' era sinónimo de 'cristián', pois con este xentilicio alcumaban os pagáns aos seguidores de Xesús de Nazaré.
Motivación
San Nazario de Milán (século I) era fillo de pai xudeu e de nai cristiá, santa Perpetua, discípula de san Pedro en Roma. Foi predicar o Evanxeo a Milán e coñeceu a Celso, que se convertería no seu compañeiro inseparable. Despois de iren os dous predicar a Xenebra e a Tréveris volverían a Milán, onde foron decapitados.
Chamáronse así
Nazario Eguía (1777-1864), militar vasco de ideoloxía carlista, capitán xeral de Galicia entre 1824 e 1832.
Nazario Belmar Martínez, nado en Elda o 25 de outubro de 1919 e finado en Madrid o 9 de xullo de 1980, foi un futbolista, produtor cinematográfico e avogado español.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Nazarius | |
Catalán | Natzari | |
Español | Nazario | |
Éuscaro | Nazari | |
Francés | Nazaire | |
Inglés | Nazarius | |
Italiano | Nazzaro | |
Nazario | ||
Portugués | Nazário |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]