Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Nataxa
feminino
Hipocorístico
Véxase Natalia
Etimoloxía e historia
Variante de Natalia, adaptación do ruso Nataxa, forma hipocorística de Natalija (Natalia). Nesta forma puido confluír a natural evolución doutro nome, Anastasia, aínda que en Galicia este nome tivo outra evolución, que resulta paralela: o hipocorístico Tasia adquiriu categoría de nome formal. Parece confirmado que a forma Nataxa se estendeu modernamente polos diversos idiomas europeos a través do francés, pasando a ser nome independente.
Motivación
Nataxa foi o nome que se difundiu por Europa ao ser a heroína de Guerra e paz (1869) de Lev Tolstoi.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Natascha | |
Nastasia | ||
Catalán | Nataixa | |
Español | Natacha | |
Francés | Natacha | |
Inglés | Natasha | |
Italiano | Natascia | |
Portugués | Natacha |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]