Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Nabor
masculino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Parece proceder do hebreo barar 'escoller', de onde nabar 'sincero, limpo'. É o nome do principal deus babilónico, Nabu, fillo do deus Marduk.
Motivación
San Nabor foi mártir, xunto con san Fiz, durante a persecución de Diocleciano (303). Consérvanse as súa reliquias en Milán.
Chamáronse así
Nabor Carrillo Flores (1911-1967), físico nuclear mexicano.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Nabor | |
Catalán | Nabor | |
Español | Nabor | |
Italiano | Nabore | |
Portugués | Nabor |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Nabor
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]