Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Montserrat
feminino
Nome cristián
Variantes
Femininas Monserrat
Hipocorísticos
Femininos Monse
Etimoloxía e historia
Do topónimo catalán Mont-serrat 'monte serrado', 'en forma de serra'.
Motivación
A orixe do culto á Virxe de Montserrat (Cataluña) remóntase a unha ermida moi antiga que o abade Oliba de Ripoll transformou en convento (século XI). O culto a esta advocación da Virxe espallouse por toda Cataluña e mesmo penetrou no Mediterráneo coa expansión catalano-aragonesa. A finais do século XIX, o papa León XIII proclamouna patroa de Cataluña. Durante a ditadura de Franco, o mosteiro de Montserrat converteuse no símbolo da firme defensa da lingua e cultura catalás. Tivera moita repercusión o caso do abade Aureli Maria Escarré, que a raíz dunhas declaracións a un xornal francés en 1963 en que criticaba a política anticatalá do goberno de Franco, tivo que abandonar o país dous anos despois e exiliarse en Italia.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Montserrat | |
Catalán | Montserrat | |
Español | Montserrat | |
Portugués | Monserrate |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]