Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Modesto, Modesta
Nome cristián
Pronuncia
Modesto:
Modesta:
Etimoloxía e historia
Do alcume latino Modestus 'moderado', 'dotado de modestia', derivado de modus 'moderación'. É un dos nomes que por humildade usaron moitos dos primeiros cristiáns e isto explica que o santoral rexistre dez santos ou santas con este nome.
Motivación
San Modesto, preceptor de san Vito, foi martirizado na persecución de Diocleciano (303) xunto ao seu mestre e a santa Crescencia. Tamén houbo un san Modesto de Tréveris (século V) e outro de Carintia (Austria), do século VIII.
Santa Modesta de Chartres (século III), virxe e mártir, era filla dun gobernador romano.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Modest | |
Catalán | Modest | |
Español | Modesto | Modesta |
Éuscaro | Modesto | |
Francés | Modeste | |
Italiano | Modesto | Modesta |
Portugués | Modesto | Modesta |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]