Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Mónica
feminino
Nome cristián
Pronuncia
Mónica:
Etimoloxía e historia
A súa etimoloxía é discutida, pois as opinións son dispares. Hai quen considera que procede do nome grego Moníkha, feminino de Mónikhos (variante de Monakhós). Se a orixe fose esta, o nome propio tería o mesmo significado ca o común grego monakhós 'eremita', derivado de mónos 'que vive só', de onde veñen monxe (monge / moine / monaco / monk / Munch) e mosteiro. Pero a forma primitiva do nome latino rexistraba -nn- (Monnica, nai de santo Agostiño), polo tanto hai que pensar nunha adaptación latina dun nome púnico. Finalmente, hai quen ve a orixe no nome persoal latino Monna, que corresponde a monna 'nai', 'esposa' da linguaxe infantil, semellante ao noso 'mamá'.
Motivación
Santa Mónica de Tagaste (c. 331-387) naceu nesta poboación da actual Alxeria, no seo dunha familia cristiá. Casou moi nova cun home maior, romano e pagán, chamado Patricio, que tiña unha alta posición social en Tagaste. Soportou o temperamento violento e as infidelidades do seu marido e dedicou a súa vida á conversión ao cristianismo do seu fillo, o futuro santo Agostiño, que foi, precisamente, quen escribiría a historia da súa vida.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Monika | |
Catalán | Monica | |
Español | Mónica | |
Éuscaro | Monika | |
Monike | ||
Francés | Monique | |
Inglés | Monique | |
Monica | ||
Italiano | Monica | |
Portugués | Mónica | |
Romanés | Monica |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]