Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Natalia, Natalio
Nome cristián
Pronuncia
Natalia:
Etimoloxía e historia
Do latín Natalia, derivado de natalis 'natal, relativo ao nacemento'. Considérase a forma feminina de Nadal.
Motivación
Santa Natalia (século III) foi a esposa de santo Hadrián, oficial romano. Ela era cristiá, pero nada lle dixera ao seu marido, que aínda era pagán. Cando este se converteu, ela levou unha grande alegría, que aínda aumentou cando soubo que o seu esposo ía padecer un martirio que lle abriría as portas do ceo. Disfrazada de home introduciuse no cárcere para darlle azos.
Cómpre lembrar a interpretación do tema Nathalie (1964) do cantante francés Gilbert Becaud.
Chamáronse así
A pintora rusa Natalia S. Goncharova (1881-1962) e a actriz estadounidense Natalie Wood (1938-1981).
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Nathalie | |
Catalán | Natàlia | |
Croata | Natalija | |
Esloveno | Natalija | |
Español | Natalio | Natalia |
Éuscaro | Jaione | |
Francés | Nathalie | |
Inglés | Natalie | |
Natalia | ||
Italiano | Natalia | |
Portugués | Natálio | Natália |
Romanés | Natalia | |
Ruso | Nataxa (hip.) | |
Natali |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]