Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Narciso, Narcisa
Nome mitolóxico
Pronuncia
Narciso:
Narcisa:
Hipocorísticos
Másculinos Chicho
Etimoloxía e historia
No nome persoal grego Nárkissos, derivado do idéntico nome común grego da planta, nárkissos 'narciso', que se remonta por etimoloxía popular a nárkē 'sopor', 'preguiza'. Do grego pasou ao latín como Narcissus, nome frecuente de escravos, libertos e cristiáns da época imperial.
Motivación
Na mitoloxía grega Narciso era un mozo moi fermoso que desprezaba o amor e rexeitaba a paixón de innumerables doncelas e ninfas namoradas del. Castigado pola divindade, despois dunha cacería Narciso vai beber a unha fonte e namórase perdidamente do seu propio rostro que ve reflectido na auga, e deixa pasar o tempo contemplándose ata que morre por inanición, quedando transformado nunha flor. Esta lenda está na orixe da palabra “narcisismo”.
Houbo un santo con este nome: san Narciso de Xirona, que foi bispo desta vila. Durante a persecución de Diocleciano, fuxiu a Augsburgo, na Xermania, pero volveu á súa cidade, onde recibiu martirio no ano 307.
O personaxe do Narciso mitolóxico figura en obras de Ovidio (As Metamorfoses), de André Gide (Traité du Narcisse), en poemas de Paul Valéry e en óperas de varios autores.
Chamáronse así
O guitarrista español Narciso García Yepes (Lorca 1927 - Murcia 1997).
En Galicia, a santiaguesa Narcisa Pérez Reoyo (1849-1876), escritora en lingua castelá, e Narciso Corral Freire de Andrade (1876-1951), avogado, escritor e académico de número da RAG.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Narzis | |
Narzissus | ||
Catalán | Narcís | Narcisa |
Español | Narciso | Narcisa |
Éuscaro | Nartziso | |
Francés | Narcisse | |
Inglés | Narcissus | |
Italiano | Narciso | |
Portugués | Narciso | Narcisa |
Romanés | Narcis | |
Ruso | Nartis | Nartisa |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]