Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Niceto
masculino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Do latín Nicetus, e este do nome persoal greco-bizantino Nikétas ‘victorioso’, ‘vencedor’ (derivado de níkē ‘victoria’).
Motivación
San Niceto o godo (século IV) foi queimado vivo polo rei Atanarico. San Nicetas o confesor (século VIII) foi un santo militar da Igrexa grega, perseguido polo emperador iconoclasta León o Armenio.
Chamáronse así
Niceto Alcalá Zamora (1887-1949), primeiro presidente da II República española, en 1931.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Nicetas | |
Catalán | Nicet | |
Español | Niceto | |
Francés | Nicétas | |
Inglés | Nicetas | |
Italiano | Niceta | |
Portugués | Nicetas | |
Romanés | Nichita | |
Ruso | Nikita |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Niceto
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]