Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Nicomedes
masculino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Do nome persoal grego Nikomḗdēs 'que pensa na victoria', do verbo nikân 'vencer' e mḗdesthai 'meditar', 'pensar'.
Motivación
San Nicomedes de Roma, segundo unha tradición, foi mártir baixo o imperio de Diocleciano (303).
A cidade de Nicomedia (actual Izmit), en Turquía, foi fundada por Nicomedes I, rei de Bitinia, por volta do ano 262 a. C.
Chamáronse así
Nicomedes Pastor Díaz Corbelle (Viveiro 1811 - Madrid 1863), precursor do Rexurdimento literario galego. Foi tamén un importante político, nomeado ministro en 1856 no goberno de O’Donnell.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Nicomedes | |
Español | Nicomedes | |
Éuscaro | Nikomedes | |
Italiano | Nicomede | |
Portugués | Nicomedes |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]