Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Nivardo
masculino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
De orixe xermánica e introdución recente, composto de *nivjis 'mozo, novo', e hardus ‘forte, duro’.
Motivación
Hai dous santos con este nome: un bispo de Reims (século VII) e outro do século XII compañeiro de san Bernaldo de Claraval.
Na literatura galega contemporánea, o escritor Carlos G. Reigosa creou o personaxe do detective Nivardo Castro, na novela Crime en Compostela (1984).
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Nivard | |
Español | Nivardo | |
Italiano | Nivardo | |
Portugués | Nivaldo |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]