Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Nina
feminino
Hipocorístico
Etimoloxía e historia
Algúns investigadores afirman que é o hipocorístico ruso de Catarina, Ana e Antonina. Para outros, deriva dun nome hebreo latinizado en Ninus 'bela'.
Motivación
A tradición fala dunha Nina de Xeorxia (século IV?) considerada precursora da difusión do cristianismo nesta nación do Cáucaso.
Chamáronse así
Nina Consuelo Epton (1913-2010) foi unha célebre xornalista británica de nai española que mantivo relación co galeguismo na década de 1950. Viaxou por toda Galicia, e como resultado escribiu Grapes and Granite (‘Uvas e granito’), obra publicada en 1956 no Reino Unido e traducida ao galego 37 anos despois.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Nina | |
Español | Nina | |
Francés | Ninette | |
Nina | ||
Italiano | Nina | |
Portugués | Nina | |
Romanés | Nina |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]