Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Noa
feminino
Nome bíblico
Pronuncia
Noa:
Véxase Noé
Etimoloxía e historia
Personaxe bíblico, unha das fillas de Selohad (no Pentateuco), e por tanto de orixe hebrea, pero de etimoloxía discutida. Quizais feminino de Noé, ou do hebreo no’ah ‘movemento’.
Motivación
A difusión recente deste nome débese, probablemente, á sona da cantante israelí, nacida en Tel Aviv en 1969, Achinoam Nini, coñecida internacionalmente co nome artístico de Noa, que tamén foi o título do seu segundo álbum discográfico, de 1994.
Tamén é protagonista da novela en galego Memoria de Noa (1982), do escritor Alfredo Conde.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Noa | |
Español | Noa | |
Éuscaro | Noa | |
Portugués | Noa |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]