Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Noel, Noelia
Nome cristián
Pronuncia
Noel:
Noelia:
Véxase Noela
Etimoloxía e historia
Noel procede, a través do francés Noël, do latín Natale 'día de Nadal' ou 'día do nacemento'.
Motivación
A forma masculina evoca hoxe o personaxe Papá Noel, versión noutras culturas dos Reis Magos.
A tradición do papá Noel universalízase no século XX en Europa, orientada a agasallar os nenos o día de Nadal. En España tardou en introducirse; fíxose nas décadas finais do século XX, pois o día dos agasallos xa viña sendo tradicionalmente o 6 de xaneiro, a festividade dos Reis Magos. Hoxe en día en moitos fogares españois conviven as dúas celebracións.
Chamáronse así
O beato Noël Pinot, párroco de Louroux (Francia), executado en 1794 durante a Revolución francesa. Noel Coward (1899-1973), actor, dramaturgo e compositor inglés. Noel Clarasó i Serrat (1899-1985), natural de Barcelona, escritor e guionista de cinema e televisión.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Noel | Noèlia |
Español | Noel | Noelia |
Francés | Noël | |
Portugués | Noel | Noélia |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]