Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Noela
feminino
Pronuncia
Noela:
Etimoloxía e historia
Esta forma considerouse o nome antigo da actual vila de Noia, porque aparece citada nos manuscritos que transmitiron a obra do historiador romano Plinio. O problema é que tamén aparecen outras variantes, como Noeta, Noeca ou Noega. Só Nóega e Nóela (con acento no o) poden ser antecedentes da forma moderna, dado que non é posible que as outras evolucionen foneticamente para resultar Noia. En todo caso, esta forma tivo unha certa difusión, e mesmo nalgún mapa antigo (do século XVI) aparece rexistrada así, Noela. Na mitoloxía da vila ponse en relación con Noé, o seu presunto fundador, e de feito no seu escudo figura unha arca. Segundo esta lenda, Noela era a esposa do seu fillo Xafet. Por outro lado, considerouse o feminino de Noel e, daquela, sería unha variante de Noelia.
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]