Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Nuno
masculino
Personaxe histórico
Pronuncia
Nuno:
Etimoloxía e historia
De orixe incerta, posiblemente dunha raíz latino-romance *nunn- procedente da linguaxe infantil, presente en varios nomes latinos (Nonnus, Nonnula, Nunnius, Nunnia etc.).
Motivación
Nome frecuente na Idade Media, levado por membros da nobreza galega como Nuno Freire de Andrade ‘o Mao’ (século XV), contra quen se ergueu a primeira irmandade (1431) dirixida polo fidalgo Roi Xordo; e por trobadores como Nuno Fernández Torneol e Nuno Eanes Cérzeo.
En Portugal, Nuno Álvares Pereira (1360-1431) está considerado o grande heroe da independencia do seu reino fronte ao de Castela, pois foi o estratego das vitorias de Atoleiros e Aljubarrota (1383-1385). Posteriormente, triste polos falecementos da súa esposa e da súa filla, fíxose frade do Carmelo co nome de Nuno de Santa María. O papa Bieito XVI beatificouno en 2009 co nome de san Nuno de Santa María.
Chamáronse así
Nuno Gonçalves (século XV) foi o máis importante dos pintores renacentistas portugueses.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Español | Nuño | |
Éuscaro | Nunu | |
Nuño | ||
Nuno | ||
Portugués | Nuno |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]