Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
O
feminino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Nome dunha advocación mariana, Nosa Señora do O, isto é, a Virxe da Esperanza ou da Expectación do Parto. Ten a súa orixe no O exclamativo inicial das antífonas cantadas no día da festa da Virxe da Expectación: O sapientia, O Emmanuel... A festa da Expectación é unha das festividades marianas máis antigas e de maior tradición tanto no Occidente cristián como na Península Ibérica.
Motivación
Na arte represéntase como a Virxe preñada, a da Esperanza. Correspóndese á antiga festa da Anunciación, que o Concilio de Toledo fixara no 18 de decembro, máis tarde trasladada ao 25 de marzo.
Chamáronse así
María de la O Lejárraga (1874-1974), escritora política e feminista española.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | O | |
Español | O | |
Portugués | Ó |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]