Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Octaviano
masculino
Nome cristián
Véxase Octavio
Etimoloxía e historia
Do latín Octavianus, xentilicio romano derivado de Octavius.
Motivación
Na antiga Roma, Caio Octavio, bisobriño de Xulio César, á morte deste apareceu profillado no seu testamento e cambiou o nome en Caio Xulio César Octaviano, seguindo a lei romana. Foi tamén o seu herdeiro político. Formou triunvirato con Marco Antonio e Lépido. No ano 31 a. C. derrota en Accio a coalición romano-exipcia de Marco Antonio e Cleopatra. No ano 29 é a única autoridade romana e o Senado outorgaralle o título de Augusto, polo que tamén o coñecemos. Do 29 ao 19 a. C. estivo co seu xenro Agripa en Hispania para someter militarmente os pobos do noroeste: cántabros, ástures e galaicos. Segundo o historiador galaicorromano Paulo Orosio (séculos IV-V), o último bastión da resistencia das tribos galaicas aos invasores romanos foi o monte Medulio, preto do río Miño.
Santo Octaviano (século VI), natural de África, fuxiu da persecución dos vándalos e refuxiouse en Volterra (Italia), cidade da que é patrón.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Octavianus | |
Catalán | Octavià | |
Español | Octaviano | |
Francés | Octavien | |
Inglés | Octavian | |
Italiano | Octaviano | |
Portugués | Octaviano | |
Romanés | Octavian |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]