Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Odilo, Odila
Nome cristián
Pronuncia
Odilo:
Odila:
Etimoloxía e historia
Nome de orixe xermánica e introdución recente, derivado de Odo, procedente dunha forma xermánica dialectal *aud- 'posesión, riqueza'.
Motivación
Santo Odilo (962-1049) foi abade de Cluny e reformador de mosteiros bieitos. Foi quen impulsou a conmemoración dos Defuntos o 2 de novembro.
Santa Odila de Huy foi, segundo a lenda, unha das once mil virxes que, xunto con santa Úrsula, foron martirizadas polos hunos en Colonia. Hai outra santa con este nome (séculos VII-VIII), filla dun duque de Alsacia, que, por nacer cega, seu pai pretendeu desprenderse dela; salvouna a nai e levouna unha criada ao mosteiro de Baume-les-Dames, onde, aos 12 anos, recobrou a vista. É patroa de Alsacia, onde este nome é moi popular.
Chamáronse así
Odilon Redon foi o pseudónimo do pintor francés Bertrand-Jean Redon (1840-1916), máximo representante do simbolismo.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Odila | |
Éuscaro | Odilon | |
Francés | Odilon | Odile |
Inglés | Odelia | |
Portugués | Odilo | Odila |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]