Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Olavo
masculino
Nome cristián
Variantes
Masculinas Olaf
Etimoloxía e historia
Do noruegués antigo Anleifr 'legado dos antepasados'.
Motivación
Santo Olavo de Noruega ou Olavo Haraldson (984-1030) foi un viquingo que se converteu no primeiro rei cristián de Noruega. Con todo, durante moitos anos dedicárase á piratería no mar, habitual do seu pobo, e no ano 1014 dirixira unha expedición que arrasou e incendiou a cidade galega de Tui, e non foi a súa conversión ao cristianismo o que o fixo cambiar de vida, pois recibira o bautismo dous anos antes en Ruán.
Chamáronse así
Olof Palme (1927-1986), Primeiro Ministro sueco en dúas ocasións: de 1969 a 1976, e de 1982 a 1986, data da súa morte.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Olaf | |
Catalán | Olau | |
Olaf | ||
Español | Olavo | |
Olaf | ||
Éuscaro | Olaf | |
Francés | Olaf | |
Inglés | Olaf | |
Italiano | Olao | |
Noruegués | Olav | |
Portugués | Olavo | |
Sueco | Olof | |
Olov |
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]