Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Olga
feminino
Nome cristián
Pronuncia
Olga:
Etimoloxía e historia
Nome ruso de orixe escandinava, posiblemente do antigo noruegués Helga, feminino de Oleg. Parece derivar dunha abreviación de nomes que teñen por primeiro elemento heil 'saúde', que orixinariamente significou 'invulnerable'. Despois da cristianización dos xermanos adquiriu o significado de 'santo' e unha meirande difusión.
Motivación
Santa Olga de Rusia (890-969) foi a primeira princesa rusa que se converteu ao cristianismo. É unha das poucas santas da Igrexa ortodoxa rusa. O seu marido Ígor, gran duque de Kíiv (Ucraína), fora asasinado en 945 polos drevlianos, pobo eslavo oriental; en canto asumiu ela a rexencia durante a infancia do seu fillo, planificou unha vinganza terrible que a levou a exterminar en masa multitude de xente deste pobo con métodos de extrema crueldade. Xa septuaxenaria, foi a Constantinopla para converterse ao cristianismo ortodoxo e tomou o nome de Helena. O nome Olga espallouse modernamente a través de personaxes de novelas rusas.
Chamáronse así
A ourensá Olga Gallego Domínguez (1923-2010), arquiveira e historiadora, foi a segunda muller elixida académica numeraria da RAG e a primeira en ocupar o seu asento na sede académica, pois a anterior —Francisca Herrera— faleceu antes de ler o seu discurso de ingreso.
Olga Evertovna Knorring (1887-1978), botánica rusa coñecida polos seus estudos das plantas de Asia Central.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Helga | |
Olga | ||
Catalán | Olga | |
Español | Olga | |
Éuscaro | Olga | |
Italiano | Olga | |
Portugués | Olga | |
Romanés | Olga | |
Ruso | Olga |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]