Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Olimpio, Olimpia
Pronuncia
Olimpio:
Olimpia:
Etimoloxía e historia
Do grego Olýmpios 'do Olimpo', monte entre Macedonia e Tesalia no cal estaba a residencia dos deuses, segundo a mitoloxía grega. Olympía é o topónimo que denomina a chaira da Élide na cal se celebraban os xogos olímpicos cada catro anos. A orixe última da palabra podería estar na raíz lamp 'brillar'.
Motivación
A primeira Olimpia célebre na antigüidade foi a nai de Alexandre Magno, muller de Filipo de Macedonia (século IV a. C.).
Santa Olimpia (368-409), tras a súa viuvez fíxose diaconisa na Igrexa de Constantinopla. Santo Olimpio de Roma foi un mártir do século III.
Chamáronse así
Olimpia Valencia López (Baltar 1903 - Vigo 1987) foi a primeira muller galega licenciada en Medicina pola Universidade de Santiago; licenciouse en 1925 con Premio Extraordinario e especializouse en xinecoloxía. En 1931 encabezou un chamamento de apoio aos candidatos galeguistas da provincia de Pontevedra ao Congreso dos Deputados, e en 1936 outro a prol do “si” ao Estatuto Galego (os dous documentos estaban asinados exclusivamente por mulleres).
Olimpio Arca Caldas (Cuntis 1928 - A Estrada 2014) foi un activo mestre e escritor galeguista.
Olimpio Liste Regueiro (1932-2013), mestre e etnógrafo que en 1972 fundou en Oseira o primeiro museo etnográfico de Galicia; e, despois, en 1999, o que leva o seu nome en Vigo
Olympe de Gouges (1748-1793), pseudónimo de Marie Gouze, foi unha escritora e abolicionista francesa, e precursora do feminismo
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Olympius | Olympia |
Catalán | Olimpi | Olímpia |
Español | Olimpio | Olimpia |
Éuscaro | Olinpio | Olinpias |
Francés | Olympe | |
Grego | Ollívios | Ollibia |
Inglés | Olympus | Olympia |
Italiano | Olimpio | Olimpia |
Portugués | Olímpio | Olímpia |
Romanés | Olimpia | |
Ruso | Olimp | Olimpia |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]