Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Nilo
masculino
Nome toponímico
Pronuncia
Nilo:
Etimoloxía e historia
Do nome do gran río de Exipto, que procede do latín Nilus e este do grego Neilos, seguramente de orixe semítica.
Motivación
Na mitoloxía grega era un deus río, fillo de Océano, considerado o primeiro rei de Exipto e pai de Europa, Quíone e Menfis.
Chamáronse así
Nilo Procópio Peçanha (1867-1924), presidente do Brasil. A pesar das polémicas sobre a súa identidade racial, Nilo é frecuentemente considerado como o primeiro e único presidente negro de Brasil.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Nil | |
Español | Nilo | |
Italiano | Nilo | |
Portugués | Nilo |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]