Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Clotilde
feminino
Nome cristián
Pronuncia
Clotilde:
Etimoloxía e historia
Nome de introdución recente a partir do francés e de orixe xermánica, latinizado en Chlotichilda (no século V), logo en Clodehildis e de aí Chlothildis e Clothildis. Está formado por hlod 'gloria, sona' e *hildi 'combate'.
Motivación
Santa Clotilde (c. 475-545), princesa burgundia, casou en 492 co rei dos francos Clodoveo I, e, coa axuda do bispo de Reims, san Remixio, logrou a conversión do seu marido ao cristianismo. Foi o paso definitivo para a instauración da relixión cristiá en Francia. Unha vez viúva fundou un mosteiro de monxas en Andeley-sur-Seine.
Chamáronse así
Clotilde Tambroni (1758-1817), filóloga, lingüista e poeta italiana, profesora de lingua grega na Universidade de Boloña, logrou o recoñecemento institucional por parte dunha universidade moito antes de que as mulleres puidesen asistir a ela.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Chlothilde | |
Klothilde | ||
Catalán | Clotilde | |
Español | Clotilde | |
Éuscaro | Klotilde | |
Francés | Clotilde | |
Inglés | Clotilda | |
Italiano | Clotilde | |
Portugués | Clotilde | |
Romanés | Clotilda |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Clotilde
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]