Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Remedios
feminino
Nome cristián
Pronuncia
Remedios:
Véxase Remixio
Hipocorísticos
Femininos Reme
Etimoloxía e historia
Do latín Remedium, nome místico que quere dicir 'menciña, remedio' (e de aí 'menciña da alma'), de remedium, composto de re-, prefixo que indica repetición, e medeor 'curar'. Como nome feminino vén dunha advocación mariana: a Virxe dos Remedios, que é boa avogada para todo tipo de problemas, pero en especial para os relacionados coa saúde.
Chamáronse así
Remedios Varo (1908-1963), pintora surrealista catalá exiliada en México.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Español | Remedios | |
Éuscaro | Osane | |
Portugués | Remédios |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Remedios
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]