Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Reveriano
masculino
Etimoloxía e historia
Do nome persoal latino Reverianus, derivado do verbo revereor ‘temer a alguén’, ‘reverenciar’.
Chamáronse así
Reveriano Soutullo (1880-1932), músico e compositor natural de Ponteareas, coautor con Juan Vert de moitas zarzuelas, como La leyenda del beso e La del Soto de Parral; en 1929 compuxo o famoso pasodobre que leva o nome da súa vila natal, peza que se fixo moi popular.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Raverià | |
Español | Raveriano | |
Reveriano | ||
Francés | Révérien | |
Italiano | Reveriano | |
Portugués | Reveriano |
Antes e despois de Reveriano
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]