Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Renato, Renata
Nome cristián
Pronuncia
Renato:
Renata:
Etimoloxía e historia
Do latín Renatus 'volto a nacer'. Nome de orixe pagá usado polos cristiáns co sentido místico de 'nado á nova vida (por vía do bautismo)'. Vén de renascor 'volver nacer, renacer'.
Motivación
San Renato (séculos IV-V) foi un bispo francés que, segundo a lenda, morreu antes do bautismo por culpa involuntaria dun bispo; aos sete anos o propio bispo o resucitou, de aí o nome de Renato (‘renacido’). Foi bispo de Angers (Francia) e morreu en Sorrento (Italia).
Chamáronse así
O filósofo René Descartes (1596-1650), francés; o corsario bretón René Duguay-Trouin (1673-1736), a quen o rei Luís XV encheu de honores polos seus servizos ao país.
Xa nos tempos contemporáneos, o pintor surrealista belga René Magritte (1898-1967).
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Renatus | Renate |
Catalán | Renat | |
Español | Renato | |
Francés | René | Renée |
Inglés | René | |
Italiano | Renato | |
Portugués | Renato | |
Romanés | Renata | |
Ruso | Renat | Renata |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Renato
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]