Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Boris
masculino
Nome cristián
Etimoloxía e historia
Nome de orixe eslava, de etimoloxía discutida. Hai quen ve nel unha contracción do antigo Bogoris, levado polo rei dos búlgaros no século X, hipocorístico do turco bogori ‘pequeno’. Tamén se ten considerado acortamento dun antigo nome persoal eslavo Boroslav, de bor ‘loita’ e slav ‘gloria’.
Motivación
San Boris (séculos X-XI), príncipe de Kíiv (Ucraína), é o patrón da Igrexa rusa. No século X era un nome común de soberanos búlgaros, entre os que destaca Boris I, morto en 907, responsable da cristianización do seu país. Tamén foi nome de varios tsares rusos, como Boris Godunov, sucesor de Iván o Terrible.
Chamáronse así
O novelista ruso Boris Pasternak (1890-1960) foi o autor da novela Doutor Zhivago (1957), levada ao cinema en 1965. William H. Pratt (1887-1969), coñecido como Boris Karloff, foi un famoso actor británico do cinema de terror. Boris Vian (1920-1959) foi escritor e músico, autor de novelas como Cuspirei sobre as vosas tumbas ou A escuma dos días.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Boris | |
Español | Boris | |
Éuscaro | Boris | |
Francés | Boris | |
Inglés | Boris | |
Italiano | Boris | |
Portugués | Bóris | |
Romanés | Boris | |
Ruso | Borís |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Boris
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]