Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Berto, Berta
Pronuncia
Berta:
Etimoloxía e historia
Este nome está formado pola raíz xermánica bairthts ‘claro, brillante; célebre, famoso’, presente en moitos nomes compostos.
Chamáronse así
Berta Cáccamo, pintora abstracta de Vigo (1963-2018) vencellada á corrente anovadora do grupo Atlántica. En 2017 recibiu o Premio Cultura Galega das Artes Plásticas.
Berthe Morisot (1841-1895), pintora francesa, fundadora e figura clave do movemento impresionista no último terzo do século XIX.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Bertha | |
Catalán | Berto | Berta |
Español | Berto | Berta |
Francés | Berthe | |
Inglés | Bertha | |
Berta | ||
Italiano | Berta | |
Portugués | Berto | Berta |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Berto
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]