Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Bernardino, Bernardina
Nome cristián
Pronuncia
Bernardino:
Bernardina:
Variantes
Masculinas Bernaldino
Etimoloxía e historia
Procede do italiano Bernardino, e este de Bernardinus, latinización de Bernardo con derivación diminutiva.
Motivación
San Bernardino de Siena (1380-1444) foi un franciscano fundador da Congregación dos Frades da Observancia, así chamados por observaren a regra primitiva de san Francisco. Ao ser un santo moi popular en vida canonizárono aos seis anos da súa morte, acontecida en L’Aquila, onde repousa o seu corpo. É patrón de Siena.
Chamáronse así
Dous presidentes: o primeiro da República Arxentina, Bernardino Rivadavia (1826-1827), fillo dun galego de Monforte de Lemos; o segundo, o portugués Bernardino Machado, en dúas ocasións: de 1915 a 1917 e de 1925 a 1926, quen tras o golpe militar deste último ano viría exiliado á Coruña, para logo pasar a Francia.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Bernardí | |
Español | Bernardino | |
Éuscaro | Bernardino | |
Bernartin | ||
Italiano | Bernardino | |
Portugués | Bernardim | |
Bernardino |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Bernardino
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]