Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Bernaldo, Bernalda
Nome cristián
Variantes
Hipocorísticos
Másculinos Nardo, Narducho, Nucho, Naro
Femininos Narda, Nucha
Etimoloxía e historia
Antigo nome medieval de importación franca con presenza nos textos galegos desde o século XI. Está composto por unha raíz xermánica que se ten posto en relación con *bera(n) ‘oso’, *baira ‘xabarín’ ou beran ‘traer, levar’. A segunda parte é hardus ‘forte, duro’. A súa forma apocopada Bernal tamén chegou a ter certo uso, aínda que hoxe é case máis doado atopar ambas as formas como apelido.
Motivación
San Bernaldo de Claraval (1090-1153) foi un frade borgoñón considerado o segundo fundador da orde do Císter, pola reforma que lle fixo. Fundou (1115) o mosteiro de Clairvaux (Claraval), que gobernaría ata a súa morte (1153). Puxo a orde ao servizo do papado e interveu nos asuntos políticos e relixiosos da época. En 1146 predicou en Vezelay a segunda cruzada. Foi un dos propagadores do culto a María; os cistercienses fundaron moitas igrexas na súa honra.
Bernal de Bonaval foi un segrel compostelán do século XIII, autor de dez cántigas de amor, oito de amigo e unha tenzón.
La casa de Bernarda Alba foi unha obra teatral de Federico García Lorca, escrita en 1936.
Chamáronse así
Bernardo Barreiro de V.V. [Vázquez Varela] (1850-1904), historiador, xornalista e poeta galego. Foi arquiveiro da Deputación Provincial da Coruña (1881) e estudou os distintos arquivos galegos así como outros documentos relativos a Galicia conservados noutras bibliotecas. Exiliado na Arxentina, redactou os estatutos do Centro Gallego de Buenos Aires.
Bernardo Bertolucci (1940-2018), director e guionista italiano de filmes como Novecento (1976) e O derradeiro emperador (1987), polo que obtivo o Óscar ao mellor director.
Bernard Shaw (1856-1950), dramaturgo e crítico irlandés.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Bernold | |
Bernard | ||
Bernald | ||
Bernhard | ||
Bretón | Bernez | |
Catalán | Bernat | |
Bernard | Bernarda | |
Bernald | ||
Español | Bernardo | Bernarda |
Bernal | ||
Bernaldo | Bernalda | |
Éuscaro | Bernardo | |
Bernart | ||
Bernat | Benate | |
Beñat | Beñate | |
Francés | Bernart | |
Bernaut | ||
Bernard | ||
Inglés | Barnie (hip.) | |
Bernie | ||
Barnet | ||
Barnard | ||
Bernard | ||
Italiano | Bernardo | |
Portugués | Bernal | |
Bernaldo | Bernalda | |
Bernardo | Bernarda |
Antes e despois de Bernaldo
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]