Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Bernabeu
masculino
Nome cristián
Variantes
Masculinas Bernabé
Etimoloxía e historia
Do arameo bar 'fillo' e nabwh 'profecía' ou nabbā ‘profeta’, latinizado como Barnaba, -ae. A vogal final tónica é tense explicado por influencia do francés Barnabé ou polo xenitivo Barnabae (coma en Tomé); a terminación -eu, pola influencia doutros nomes bíblicos, como Bartolomeu.
Motivación
Bernabeu foi o nome que lle puxeron nos Feitos dos Apóstolos a Xosé Halevi, xudeu de Chipre, co significado de ‘fillo da profecía’. Fora discípulo de Cristo e compañeiro de san Paulo en varias das súas viaxes. Tertuliano atribúelle a epístola aos hebreos, que o Novo Testamento considera de san Paulo. Sufriu martirio en Chipre.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Barnabas | |
Catalán | Bernabé | |
Español | Bernabé | |
Éuscaro | Barnabe | |
Francés | Bernabé | |
Barnabé | ||
Inglés | Barn(e)y (hip.) | |
Barnaby | ||
Barnabas | ||
Italiano | Bàrnaba | |
Portugués | Barnabé | |
Bernabé |
Antes e despois de Bernabeu
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]