Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Vanesa
feminino
Nome literario
Etimoloxía e historia
Nome inventado polo escritor Jonathan Swift, autor das Viaxes de Gulliver, para a protagonista do poema autobiográfico Cadenus and Vanessa (1712), a súa amante Ester Vanhormigh (do cal Vanessa é o anagrama aproximativo). Vanessa é tamén un xénero de bolboretas. En Galicia é un nome de introdución recente.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Vanessa | |
Catalán | Vanessa | |
Español | Vanesa | |
Francés | Vanessa | |
Inglés | Vanessa | |
Italiano | Vanessa | |
Portugués | Vanessa |
Antes e despois de Vanesa
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]