Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Ventura
epiceno
Pronuncia
Ventura:
Etimoloxía e historia
Nome de bo agoiro. O vocábulo ventura quere dicir 'felicidade' e é o plural do latín uenturum 'o que está por vir', de venire 'vir'.
Motivación
Ventura pode ser tamén unha forma reducida de Boaventura. Foi nome de nenos de hospicio e mesmo nome-estigma que algúns cregos oficiantes do bautismo lles impoñían en tempos pasados a fillos de nai solteira.
Chamáronse así
Manuel Ventura Figueroa Barreiro (Santiago 1708 -Madrid 1783), importante eclesiástico e político, home de confianza do rei Carlos III e patriarca das Indias Occidentais. Creou en 1784 a Fundación Figueroa —a máis antiga de España— para pagar os estudos de membros da súa familia e descendentes. É o personaxe que conta cunha monumental estatua na zona oeste da Alameda compostelá.
O pintor e decorador galego Ventura Cores Trasmonte (Cee 1931 - Pontevedra 2015).
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Ventura | Ventura |
Catalán | Ventura | Ventura |
Español | Ventura | Ventura |
Inglés | Ventura | Ventura |
Portugués | Ventura | Ventura |
Antes e despois de Ventura
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]