Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Venancio
masculino
Nome cristián
Pronuncia
Venancio:
Etimoloxía e historia
Do latín Venantius, testemuñado como nome só en época cristiá, e este, participio de presente uenans, uenantis 'que caza, cazador', que deriva de uenor 'cazar'.
Motivación
Levaron este nome varios santos, pero o máis sobranceiro foi san Venancio Fortunato (Treviso c. 536 -Poitiers 610), bispo de Poitiers e autor de textos haxiográficos e himnos litúrxicos en latín.
Para os galegos é interesante saber que escribiu un Galliciense carmen que traduciría ó noso idioma en 1950 o poeta Aquilino Iglesia Alvariño. O feito de que o denominado “derradeiro poeta romano e primeiro medieval do reino franco” compuxese un ‘canto galiciense’ é outra proba palpable do prestixio que tiña en Europa a Gallaecia, que na altura era provincia visigoda pero que conservaba toda a súa identidade, como tamén se pode comprobar nas obras de san Gregorio de Tours e de santo Isidoro.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Venantius | |
Catalán | Venanci | |
Español | Venancio | Venancia |
Éuscaro | Venantzio | |
Benantzio | Benantzi | |
Francés | Venance | Venance |
Inglés | Venantius | |
Italiano | Venanzio | |
Portugués | Venâncio |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Venancio
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]