Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Venerando, Veneranda
Nome cristián
Pronuncia
Venerando:
Veneranda:
Hipocorísticos
Femininos Venera
Etimoloxía e historia
Do latín Venerandus, nome persoal latino usado só en época cristiá, correspondente ao xerundio do verbo venerari 'venerar', primitivamente 'dirixir unha súplica aos deuses, pedirlles aos deuses un favor ou unha graza'; venerandus significaba 'digno de veneración'. O verbo veneror estaba etimoloxicamente emparentado con venus, veneris 'amor' (e de aquí a personificación Venus, a deusa do amor). Nome gramatical, paralelo de Servando, Tagliavini di que pode moi ben derivar de Venera, tradución popular de Hagía Paraskeuē 'Venres Santo' en grego.
Motivación
San Venerando de Evreux —ou de Troyes, onde disque naceu— é un santo francés de historia lendaria. Cóntase que fora decapitado a finais do século III en Normandía. As súas reliquias consérvanse aínda hoxe no castelo de Acquigny (Alta Normandía).
Tamén é de historia lendaria santa Veneranda (século II), que disque nacera na Galia e que morreu martirizada en Roma durante a persecución de Antonino Pío. A súa lenda confúndese coa de santa Parasceva, venerada pola Igrexa oriental. Ten culto en numerosas vilas e cidades italianas. Na igrexa de San Carlos de Mortara (Lombardía) o seu corpo está á vista dos fieis dentro dunha urna de cristal como o de santa Minia de Brión, pois tamén é das chamadas santas catacumbais.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Venerand | Veneranda |
Español | Venerando | Veneranda |
Italiano | Venera | |
Veneranda | ||
Portugués | Venerando | Veneranda |
Romanés | Paraschiva | |
Ruso | Praskovia | |
Paraskeva |
Antes e despois de Venerando
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]