Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Venceslau
masculino
Nome cristián
Hipocorísticos
Másculinos Ceslau
Etimoloxía e historia
Do antigo checo veçeslav 'moi glorioso', a través da forma Venceslaus do latín eclesiástico. Este nome é moi popular en Eslovaquia e na República Checa na súa forma Václav. Entre nós é nome de día, característico dalgúns que nacen o 28 de setembro.
Motivación
San Venceslau (907-935), fillo dun duque pagán de Bohemia, foi bautizado a instancias da súa avoa, santa Ludmila, a quen mandaría matar a nai de Venceslau, que era pagá. Cando chegou a gobernar restableceu o cristianismo e construíu igrexas. Coroado rei, foi asasinado polo seu irmán Boleslau, dirixente dos pagáns, ás portas dunha igrexa. Canonizado ao pouco tempo, axiña se converteu nun santo nacional bohemio, hoxe patrón de Chequia e Eslovaquia. A súa tumba atópase na catedral de San Vito, no castelo de Praga, que el fundara.
Chamáronse así
Varios reis de Bohemia da Baixa Idade Media levaron este nome, así como o escritor Václav Havel (1936-2011), último presidente de Checoslovaquia e primeiro da República Checa.
En España tivo sona o escritor e xornalista galego en lingua castelá Wenceslao Fernández Flórez (1885-1964).
Wenceslao Requejo (1866-1947), académico cofundador da Real Academia Galega.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Wenzel | |
Wenzeslaus | ||
Catalán | Wenceslau | |
Venceslau | ||
Checo | Veceslav | |
Vaclav | ||
Español | Venceslao | |
Wenceslao | ||
Éuscaro | Wentzeslao | |
Francés | Wenceslas | |
Inglés | Wenceslas | |
Polaco | Wacław | |
Portugués | Venceslau | |
Ruso | Viacheslav |
Antes e despois de Venceslau
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]