Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Verónica
feminino
Nome cristián
Pronuncia
Verónica:
Véxase Berenice
Hipocorísticos
Femininos Vero
Etimoloxía e historia
Nome transmitido pola tradición eclesiástica, procedente dos evanxeos apócrifos e que pertencía a unha muller que enxugou a cara de Xesús nun pano, tras o cal a imaxe del quedou alí retratada. De etimoloxía escura, tense posto en relación co nome Berenice; o cambio da consoante inicial debeu darse por asocialo coa secuencia latina vera iconica, que en realidade é unha etimoloxía fantástica.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Veronika | |
Catalán | Verònica | |
Español | Verónica | |
Éuscaro | Beronika | |
Veronika | ||
Beronike | ||
Francés | Bérénice | |
Véronique | ||
Inglés | Veronica | |
Italiano | Veronica | |
Polaco | Weronika | |
Portugués | Verónica | |
Romanés | Veronica | |
Ruso | Veronika |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Verónica
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]