Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Violeta
feminino
Apelativo
Pronuncia
Violeta:
Etimoloxía e historia
Do francés violette (século XII), derivado do antigo francés viole, e este tomado do latín viola 'violeta'. É, polo tanto, outro dos nomes femininos tomados de flores, como Rosa, Dalia, Xacinto etc.
Motivación
Levou este nome a protagonista de La Traviata (1853), ópera de G. Verdi baseada na novela A dama das camelias (1848), de Alexandre Dumas fillo;
Chamáronse así
As escritoras Violet Trefusis (1894-1972), inglesa, e Violette Leduc (1907-1972), francesa, así como a cantante Violeta Parra (1917-1967), chilena.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Violet | |
Violetta | ||
Viola | ||
Catalán | Violeta | |
Español | Violeta | |
Francés | Violette | |
Inglés | Violet | |
Italiano | Violetta | |
Portugués | Violeta | |
Romanés | Violeta |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Violeta
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]