Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Vidal
masculino
Nome cristián
Pronuncia
Vidal:
Variantes
Masculinas Vital
Etimoloxía e historia
Do latín Vitalis, adxectivo derivado de uita 'vida': 'que ten vida, que dá vida'. Como nome de pía ten probablemente un valor místico, 'relativo á vida (sobrenatural)'. Frecuente na Idade Media, hoxe sobre todo como apelido.
Motivación
San Vidal foi un soldado romano, esposo de santa Valeria, martirizado en Rávena (Italia), onde é patrón. No século VI construíuse nesta cidade a basílica de San Vidal, un dos templos máis importantes da arte bizantina.
En Galicia houbo un san Vidal que foi abade de Meira.
Vidal é o protagonista dun conto versificado de Rosalía de Castro: “Déronlle morcillas a Vidal? / Aquí non. Pois adiante co varal”.
Chamáronse así
Vidal Payo Fernández (1915-2008), canteiro e escultor nado en Lalín.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Vitalis | |
Catalán | Vidal | |
Vital | ||
Español | Vidal | |
Vital | ||
Francés | Vidal | |
Inglés | Vitale | |
Vitalis | ||
Italiano | Vitale | |
Portugués | Vidal | |
Vital | ||
Romanés | Vitalie | |
Ruso | Vitalii |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Vidal
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]