Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Viridiana
feminino
Etimoloxía e historia
Nome latino derivado de Viridia 'xardín', de viridis 'verde'.
Motivación
Aínda que existiu na Toscana italiana unha santa Viridiana de Castelfiorentino (1182-1242), relixiosa que parece ser que peregrinara a Compostela, o certo é que o nome empezou a ser coñecido pola protagonista da película Viridiana, de Luis Buñuel, que, aínda que se filmara en España en 1961, non se puido ver nos cinemas españois ata 1977, debido á censura da ditadura franquista.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Viridiana | |
Español | Viridiana | |
Portugués | Veridiana | |
Viridiana |
Antes e despois de Viridiana
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]