Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Virxinia
feminino
Nome cristián
Pronuncia
Virxinia:
Etimoloxía e historia
Do latín Virginius, antes Verginius, quizais derivación de uirgo 'virxe'. Nome dunha gens romana plebea, posiblemente de orixe non latina.
Motivación
Na historia lendaria de Roma, Virxinia (século V a. C.) era unha moza filla dun centurión. Un decénviro tentou facela pasar por escrava para sometela sexualmente; o pai matou a filla para evitar a deshonra e despois buscou refuxio na plebe romana para non ser castigado polo seu crime.
Virxinia foi o nome que recibiu a rexión atlántica de América do Norte, ocupada polos colonos ingleses, en honor a Isabel I de Inglaterra, “a raíña virxe”. Hoxe lévano os estados de Virxinia e Virxinia Occidental.
Paul et Virginie son o heroe e a heroína da obra deste título (1788) de Bernardin de Saint-Pierre.
Chamáronse así
A escritora británica Adeline Virginia Woolf (1882-1941), e a estradense Virxinia Pereira (1884-1969), esposa de Alfonso R. Castelao.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Virginia | |
Catalán | Virgínia | |
Español | Virginia | |
Éuscaro | Virginia | |
Francés | Virginie | |
Inglés | Virginia | |
Portugués | Virgínia | |
Romanés | Virginia | |
Ruso | Virginia |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Virxinia
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]